MeteoCuntis é un xogo educativo interdisciplinar sobre contidos de meteoroloxía relacionados con seis materias do ensino secundario obrigatorio. Na primeira pantalla pódese seleccionar a materia coa que queres xogar. As materias son Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Xeografía, Educación Física, Lingua Castelá e Literatura e Linguas Extranxeiras. En cada unha das pantallas de cada materia fanse 10 preguntas onde se relaciona a materia coa meteoroloxía. Os xogadores e as xogadoras poden contestar as preguntas e a aplicación retroaliméntaos/as para favorecer a súa aprendizaxe.
No traducción